Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno aproba a continuidade de Serviocio na piscina para garantir “o servizo e os postos de traballo”

RR_Noticias

Un total de 28 persoas, o número de traballadores que conforman o cadro de persoal da piscina municipal, respiran hoxe máis tranquilos unha vez que o pleno acordou, por unanimidade, a continuidade da concesión á empresa Serviocio. Unha medida adoptada ante “unha situación excepcional” e logo de que os servizos xurídicos do concello avalasen a súa legalidade. O servizo atopábase no aire logo de que non se sacara a concurso a súa xestión malia teren pasado cinco meses dende que se denunciara o contrato coa actual concesionaria.

A situación actual é froito, segundo denunciaron tanto os grupos de goberno (PSOE e AER) como o BNG, da suposta falta de xestión por parte do anterior goberno á hora de elaborar un novo prego de condicións para sacar a concurso a xestión da piscina, unha vez que o pasado mes de marzo o goberno de Javier Bas denuncia o contrato coa actual concesionaria. Teoricamente esa decisión adoptábase nesa altura para que houbera un prazo de cinco/ seis meses ata que remataba a concesión neste mes de outubro. Con todo, aseguraba o voceiro do PSOE, Leonardo Cabaleiro, que “o PP nada fixo para garantir que o servizo tivera continuidade chegado este momento” o que obriga agora a adoptar este acordo de continuidade “ante unha situación excepcional para garantir un servizo público”. Dende o BNG, Xoán Carlos González falaba de “mala fe por parte do goberno do PP que nunca tivo interese en poñerse a traballar sobre unas bases para realizar un novo plego”.  Anunciaban tamén que dende a formación nacionalista defenden que se “remunicipalice o servizo e se subrogue os traballadores que verían así mellorada a súa situación laboral xa que o 50% están en precario”. Anunciaban o seu voto a favor a que a actual concesionaria continúe “porque é preciso dar unha solución inmediata para asegurar o servizo”. No mesmo sentido manifestábanse dende AER que manteñen tamén a súa aposta pola remunicipalización ao tempo que votaban a favor desa continuidade “nunha situación excepcional que se produce porque cando chegamos o goberno non había nada feito que permitise avanzar noutra dirección”. Unha críticas que apuntaban directamente ao PP, cuxa voceira non aclarou o motivo de que non se tivera avanzado nos últimos meses nos pregos de condicións. Aseguraba Carmen Amoedo que no mes de abril o seu goberno creaba unha comisión para traballar no asunto pero que o proceso ser viu interrompido pola campaña e as eleccións municipais. Apoiaban tamén os populares a situación transitoria que supón esta proposta de continuidade que garante o funcionamento da piscina nos mesmos termos que ata o de agora á espera de que nos vindeiros meses se busque xa unha solución definitiva.  

Leonardo Cabaleiro PSOE
Explica o motivo da proposta de continuidade
Xoán Carlos González BNG
Fala de mala fe por parte do anterior goberno de Bas
Susana Couñago AER
Apoian a proposta de continuidade por estar nunha situación excepcional
Carmen Amoedo PP
Os populares defenden esta situación transitoria e alegan que o proceso para unha nova concesión quedou paralizado polas eleccións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará