Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anpas e veciños volven concentrarse contra a sala de apostas de Redondela

RR_Noticias

Menos afluencia pero mesmo obxectivo: paralizar a instalación dunha casa de apostas na rúa Ernestina Otero. Na terceira concentración celebrada ás seis da tarde de onte eran ao redor dun cento de veciños os que se mobilizaron contra este negocio, poñendo o foco novamente na proximidade cos colexios e a zona deportiva da Marisma. Presenza tamén de varios representantes políticos que se sumaban a esta protesta logo de que no último pleno se comprometeran, de xeito unánime, a emitir unha declaración institucional contra a apertura da casa de apostas en Redondela. As protestas continuarán todos os luns de outubro ás 18:00 horas.

As Anpas e os diferentes colectivos que conforman a Coordinadora volveron saír onte a rúa nun intento de frear a instalación deste negocio na nosa vila. Terceira concentración que forma parte do calendario de mobilizacións que organiza esta Plataforma e que contempla novas protestas nos vindeiros luns. Na concentración de onde deuse conta da decisión do pleno de emitir unha declaracións institucional contra este negocio así como instar á Xunta o revogamento da autorización concedida no mes de abril para esta instalación.
Medidas que suman pero que entenden que non son suficientes para acadar o seu obxectivo polo que fan un chamamento á cidadanía a que se sume ás próximas concentracións insistindo en que “o xogo é un problema de todos e que é unha lacra que se está estendendo pola sociedade”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará