Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente denuncia ó Concello de Soutomaior por vertidos ilegais

RR_Noticias

O Servizo de Protección da Natureza de Medio Ambiente denunciou ao Concello de Soutomaior por realizar vertidos ilegais de residuos sólidos urbanos nos montes Comunais do municipio. A denuncia, que ten data do 13 de setembro, asegura que o propio Concello realizou verteduras ilegais de “tellas, pedras e residuos procedentes de desbroces”nos terreos da comunidade de montes da Montesiña.

Hai xa 6 meses que o grupo municipal do BNG denunciara que se estaban a realizar tamén verquidos de materiais procedentes de obras municipais en terreos da comunidade de montes de Pedreira, unha situación que lonxe de corrixirse prolongouse no tempo.
Dende o Bloque destacaron que existe documentación gráfica e audiovisual absolutamente explícita sobre estes delitos medioambientais e que o que está a acontecer no concello “é algo intolerábel e dunha absoluta  falta de respecto polo medio natural”.
O portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo destacou que “o feito de que o Servizo de Proteccion Natural denuncie ao Concello de Soutomaior por vertidos ilegais dá boa conta da magnitude desta situación. Estamos a falar dunha situación gravísima xa que unha institución como o concello que debería velar pola protección e defensa do medio ambiente é denunciado por verteduras ilegais de residuos e restos de obras”.
O Servizo de Protección Natural de Medio Ambiente rexistrou dúas denuncias;  a primeira a unha empresa que traballa asiduamente para o concello e outra ao propio Concello de Soutomaior por delitos ambientais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará