Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O instituto San Simón participa nun programa da Deputación que busca fomentar o emprendemento

RR_Noticias

Este centro, xunto con outros 7 institutos de Secundaria de toda a provincia participan do proxecto “Depo emprende” que busca estender a cultura emprendedora ao alumnado. Hai tamén programas específicos destinados a Centros de primaria e Formación Profesional. En total serán 25 centros educativos de 15 concellos da provincia os que participen nos programas DepoEmprende na Escola, na ESO e na FP para este curso 2019/2020.

No referente ao programa “DepoEmprende na ESO” este curso participarán 8 centros educativos de oito concellos. Así, serán os institutos Illa de Ons de Bueu, A Paralaia de Moaña, o Luis Seoane de Pontevedra, Rodeira en Cangas, o IES Illa de San Simón en Redondela, o Indalecio Pérez Tizón de Tui, o Instituto de Bacharelato Manuel García Ramos da Estrada e o IES Plurilingüe Terra de Turonio de Gondomar.
Os principais obxectivos destes proxectos son fomentar o emprendemento como un dos factores clave nunha economía do coñecemento eliminando as barreiras que dificultan a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos, promover a cultura emprendedora no marco do sistema educativo e impulsar que o alumnado sexa protagonista da súa propia aprendizaxe, cun traballo desde a práctica. Ao mesmo tempo, DepoEmprende tamén favorece o desenvolvemento de competencias asociadas á comunicación, á análise do entorno físico, á creación, á convivencia, ás expresións culturais, ás matemáticas e ciencias e á alfabetización dixital.
“DepoEmprende na ESO” está dirixido a mozos e mozas de 14 a 16 anos (3º e 4º da ESO) que estuden, preferentemente, as materias de Iniciativa Emprendedora e Empresarial, Economía, Ciencias aplicadas á actividade profesional ou similares.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará