Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cultura urbana e roteiros medioambientais nunha activa fin de semana en Soutomaior

RR_Noticias

Xuventude prepara para este sábado unha nova edición do campionato Arcade jam con exhibición de BMX e Sccoter e danzas urbanas a partir das 16:30 na praza de Talo Río.  O domingo a proposta da Omix convídano a coñecer a Enseada de San Simón cun percorrido a pe desde a Carballeira do Peirao en Arcade ata o entorno das Salinas do Ulló.

O Concello de Soutomaior organiza para o sábado 19 de outubro a V Edición do campionato Arcade jam nas modalidade de BMX e Sccoter. As probas arrancará ao redor das 16:30 horas coas exhibicións dos diferentes participantes que farán as súas acrobacias sobre as dúas rodas. A entrega de trofeos e sorteos terá lugar as nove da noite e pechará a xornada unha exhibición de danzas urbanas a cargo do grupo Galirokers. As inscricións para participar no campionato débense realizar a través do formulario en liña que se atopa na páxina da OMIX de Soutomaior. Xa o domingo a proposta pasa por un novo roteiro mediambiental “Recunchos máxicos: dende as Alvedosas ata o Ulló”, que aposta polo valor do entorno medioambiental, cultural e etnográfico da Enseada de San Simón, nesta ocasión cun percorrido que vai desde a Carballeira do Peirao en Arcade ata o entorno das Salinas do Ulló. Unha actividade orientada a todos os públicos atendendo a un percorrido sen moita dificultade pero cunha duración estimada de catro horas, con paradas incluídas para que a guía vaia dando as explicación oportunas en cada un dos lugares de interese que inclúe este traxecto. As prazas son limitadas a 20 persoas polo que compre inscrición, tamén en lixa, antes do 17 de outubro.  

Sonia Pintos OMIX Soutomaior
A cultura urbana centra as propostas do sábado
Roteiro medioambiental
Para todos os públicos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará