Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un museo de interpretación arqueolóxica e aulas multiúsos para o antigo colexio de Trasmañó

RR_Noticias

Os veciños da parroquia están chamados a unha asemblea que se celebrará este xoves ás 20:00 horas no auditorio do Centro Cultural co obxecto de acordar, coa maior unanimidade posible, os usos que se lle darán ao antigo colexio que está a ser rehabilitado. A Asociación de veciños defende que o espazo se dedique a usos múltiples, deixando algunhas das súas aulas para albergar un centro de interpretación arqueolóxica dos xacementos de Monte Penide/Mirallo.

O antigo colexio de Trasmañó está xa a ser acondicionado para darlle un novo uso a unhas instalacións que permanecen pechadas dende o ano 2010 cando a falta de alumando levou a Educación a pechar o centro. Unhas instalacións que volverán abrir unha vez rematen as obras nas que se están a investir 151.957 euros pero nas que aínda está por determinar o seu uso. Dende a asociación de veciños defenden destinalo a usos múltiples, con salas destinadas a centro social para persoas maiores, unha sala de exposición e aulas multiúsos para realizar obradoiros ou impartir cursos ou actividades formativas. Así o explica o presidente do colectivo, Rafael Riobó, quen apunta tamén o interese da asociación porque se cree nese espazo un pequeno museo de interpretación arqueolóxica do patrimonio da zona “serviría para promocionar a parroquia que ten un importante riqueza arqueolóxica, tanto en Monte Penide con xacementos prehistóricos así como o coñecido como castelo de Rande que está ubicado en terreos de Trasmañó”. Propoñen tamén que a pista do colexio se cubra e se converta nun pavillón que dea servizo  a veciños e clubs da zona que carecen de instalacións para os seus adestramentos. Rematados xa os accesos que eliminan as barreiras arquitectónicas e feita a división interior do edifico en diferentes salas, falta agora rematar a contorna e determinar cal serán os usos destas instalacións, cuestión que tentarán definir na reunión desta tarde no Centro Cultural.  

Rafael Riobó Asociación de Veciños
Un multiúsos con múltiples funcións
Museo arqueolóxico
Un aula de interpretación da riqueza arqueolóxica da parroquia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará