O Colectivo republicano de Redondela organiza este venres ás 20:00 horas na Casa da Cultura unha charla na que se falará dos acordos existentes entre o Estado Español e a Santa Sé e que condicionan cuestións de tanta relevancia como o financiamento ou beneficios económicos dos que goza a Igrexa así como a súa presenza no ámbito educativo. A charla correrá a cargo de José Luis Iglesias do colectivo Asturias laica.
O catro Acordos que actualmente están en vigor asináronse en 1979 entre España e o Vaticano, tan só días despois de que se aprobase a Constitución. Este dato amosa, en palabras de José Luis Iglesias que se trata dun “acordo preconstitucional” xa que non é posible que os pactos alí recollidos foran negociados en menos dun mes dende a aprobación da carta constitucional. Uns acordos que actualizaban moitos dos puntos fundamentais xa recollidos no Concordato subscrito durante a ditadura franquista, manténdose así unha serie de privilexios dos que segue gozando a Igrexa a día de hoxe como non pagar o IBI polas súas propiedades “cando é unha obriga de calquera persoa, entidade ou colectivo tributar polos inmobles dos que son titulares tal e como así se recolle na Constitución” tal e como explica José Luis Iglesias. Ademais de blindar xuridicamente ese s privilexios da Igrexa no ámbito económico supoñen tamén outras anomalías nun estado aconfesional como o feito de manter a ensinanza relixiosa nos centros públicos. Das implicacións dos Acordos co Vaticano e da posibilidade de derrogalos falarase esta tarde ás 20:00 horas na Casa da Cultura.