Un total de 60 actores serán os encargados, baixo a dirección da compañía Kepler T&T, de recrear o combate naval de 1702 que enfrontou ás escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa. Esta é tan só unha das actividades previstas para a xornada deste sábado nas inmediacións do Meirande, nas que se inclúen tamén propostas para os nenos, un mercado tradicional, espectáculos de pirotecnia e outras sorpresas, segundo anunciaba o concelleiro de cultura, Daniel Boullosa. Unha recreación que terá que loitar “contra os elementos” xa que os prognósticos anuncia chuvias intensas nalgúns momentos do día.
As actividades arrancarán ás 11:00 hora coa apertura do mercado que contará con 22 postos nos que se ofertarán comida e produtos artesanais. As once está prevista a chegada das embarcacións tradicionais que atracarán no peirao do Meirande e as 12:30 terá lugar o desfile inaugural. Durante a mañá haberá tamén unha representación infantil mentres que a teatralización central está prevista para as cinco da tarde coa obra “Os galeóns de Rande”. Durante toda a tarde haberá obradoiros de pintacaras e tatuaxe pensados para os máis pequenos e as 18:45 está previsto o desembarco, a descarga e o asalto a fortaleza. Seguiralle un espectáculo de Troula Animación e a representación naval da batalla con pirotecnia. A compañía Kepler T&P e o seu espectáculo “Tenebrae” será a encargada de poñer o fin de festa a unha intensa xornada que non prevé suspender actividades malia os prognósticos que anuncia chuvias.