A actividade de concienciación medioambiental terá lugar este martes día 22 e os rapaces de quinto de primaria do CEIP Reboreda estarán acompañados do colectivo Alecrín. O obxectivo é que o alumando tome conciencia da importancia de mudar os nosos hábitos para poder manter a nosa biodiversidade e riqueza natural.
A iniciativa arrancará ás dez da mañá na praia de Cesantes cunha charla teórica sobre o valor do medio litoral costeiro, as súas características e os axentes externos que poden afectar ao seu desenvolvemento. Despois, o alumnado levará a cabo unha recollida de lixo polo areal da praia acompañada por monitores. Ao remate da mesma, farase un análise crítico do material recollido e separarase por orixe.
Esta actividade englóbase dentro da participación deste centro no proxecto Voz Natura, que nesta edición está dedicada a Construción dun mundo sen plástico.
No centro defenden a idea de que para aprender é necesario facer, por iso, a actuación directa sobre o medio parécelles o mellor xeito levar a práctica o se ideario pedagóxico.