Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esixen que se suspenda a festa de Samaín en San Simón por ser “unha burla ás vítimas”

RR_Noticias

A Iniciativa galega pola Memoria (IGM) ten en marcha unha iniciativa para tentar cancelar a festa de Samaín organizada por unha navieira de cara ao vindeiro 31 de outubro. Entenden que se trata dunha “profanación dun lugar da memoria fundamental” como é a Illa e instan a todos os que se sintan ofendidos a enviar un correo ao Conselleiro de Cultura solicitando que se suspenda a actividade (conselleiro.cultura.turismo@xunta.gal).

A IGM denuncia a profanación dun lugar da memoria fundamental como é a Illa de San Simón e esixen, con esta iniciativa que “a Xunta de Galicia impida dunha vez a continua e reiterada aldraxe a nosa memoria e ridiculización da dor das vítimas do franquismo preservando a Illa de San Simón como lugar de homenaxe e recordo”. Neste sentido fan referencia a que unha actividade destas características e nunha data tan concreta como a noite de defuntos supón unha burla as vítimas e os seus familiares lembrando que esa Illa foi cárcere durante o franquismo dende o 1936 ao 1943 e que foron moitos os asasinados ou mortos no lugar. “É impensable que isto aconteza en ningún outro campo de prisioneiros do mundo, e en moitos lugares de Europa resultaría mesmo delictivo” por ese motivo confían en que a Xunta de Galicia, que é quen ten autoridade sobre ese espazo, impida que se celebre esta festa privada na noite do vindeiro 31 de outubro.  

Montse Fajardo ING
Unha profanación e unha burla ás vítimas
Envío masivo de correos
Piden que se envíen correos ao conselleiro de cultura solicitando que se suspenda a actividade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará