Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A exposición do Colectivo Republicano censurada polo PP regresa ao Multiúsos

RR_Noticias

A exposición “A criminalización do pensamento” que hai dous anos fora censurada e retirada do Multiúsos da Xunqueira polo anterior goberno de Redondela, alegando que podía incorrer nun delito de incitación ao odio, poderá verse novamente nese espazo ata o vindeiro 30 de novembro. Unha mostra que recolle imaxes das cargas policiais dos anos 80 contra as traballadoras de Regojo así como do último asasinado polo franquismo que será inaugurada hoxe luns ás 19:15 horas e que neste caso conta co apoio da Concellería de Cultura.

A inauguración terá lugar esta tarde no Multiúsos da Xunqueira a cargo do Colectivo Republicano e incluirá un acto de transferencia de documentos da segunda república en poder do arquivo municipal que serán cedidos a este colectivo.
Unha exposición que xa pasara por esta sala pero que fora retirada poucos días despois. Unha retirada que tivo unha grande repercusión mediática e mesmo chegou a mans da valedora do pobo quen arquivou a denuncia presentada polo Colectivo Republicano.
“A criminalización do pensamento” amosa principalmente uns feitos acontecidos no pasado recente do noso concello, mediante fotografías e recortes de xornais que daban conta das mobilizacións que tiveron lugar en Redondela aló polo ano 1987 tralo peche da factoría téxtil de Regojo, onde moitas veciñas e veciños foron detidos e golpeados pola policía. Tamén se atopan imaxes dos últimos fusilados polo réxime franquista, cunha especial referencia ao vigués José Humberto Baena Alonso, fusilado no ano 1975.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará