O departamento de cultura do Concello fai un chamamento a todas aquelas persoas que traballen no campo artístico a se inscribir neste rexistro. O obxectivo é coñecer o número de artistas locais existentes para poder difundir, promover e facer visible o seu traballo. Por este motivo, convidan a todos os que traballen neste eido a enviar un correo cos seus datos ao enderezo cultura@redondela.gal.
Dende a Concellería de cultura explican que este rexistro está orientado a recoller a todas aquelas persoas ou grupos que traballen no campo artístico en xeral: músicos, actores, fotógrafos, pintores, escultores… calquera manifestación artística ten cabida neste inventario no que se poden inscribir aqueles que envíen un correo no que se acheguen datos sobre o nome do artista ou grupo, descripción do estilo artístico, integrantes e contacto.
O rexistro empregarase co obxecto de “difundir, apoiar, coordinar e facer visibles a todas as persoas que fan que o nosos municipio creza grazas a súa arte”.
Apuntan tamén como outro dos obxectivos do rexistro, “coñecer o número de entidades existentes e mellorar a relación destas co concello, facilitando a súa contratación e participación nas actividades promovidas dende a propia concellería”.