As persoas interesadas en acceder a este servizo municipal que se desenvolverá entre o 23 de decembro ata o 3 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:00 horas deberán facer a súa solicitude antes do 27 de novembro. A activiade desenvolverase nun total de nove parroquias así como no centro da vila e busca promover a conciliación da vida familiar e laboral das familias nas vacacións de nadal así como achegar aos cativos un espazo lúdico alternativo nesas datas.
A Concellaría de Igualdade vén de abrir o prazo de inscrición para participar no programa municiapal de conciliación que se vai desenvolver no período non lectivo do Nadal. Este Programa, ao que hai que inscribirse previamente, ofértase para menores de 3 a 14 anos. No caso de menores con necesidades educativas especiais avaliarase cada solicitude de maneira individual.
O Programa desenvolverase do 23 ao 31 de decembro de 2019 e do 2 ao 3 de xaneiro de 2020, de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00 horas, nos centros culturais de Cabeiro, Cedeira e Cesantes, no Multiúsos de Chapela, na asoicación de veciños de San Esteban de Negros, na antiga escola de Tuimil, na sociedade labrego cultural de Reboreda, na asociación de mulleres areala en Saxamonde e na asociación deportivo cultural a Miñoteira de Ventosela, cun toal de 15 praza en cada unha das parroquias. A maiores tamén haberá a posibilidade de optar a unha das 30 prazas que se oferta no Multiúsos da Xunqueira.
Para poder participar é preciso presentar no Rexistro xeral do Concello en Redondela ou Chapela a ficha de solicitude de participación, que se pode descargar da páxina web do Concello ou recollela nas oficinas do Centro de Información ás Mulleres (CIM), xunto coa documentación anexa.
O prazo de inscrición ábrese o mércores 13 de novembro e remata o mércores 27 de novembro. A listaxe de admitidas/os será publicada o venres 13 de decembro na páxina web do Concello e nas oficinas do Centro de información ás Mulleres.
Para máis información podédesvos dirixir ao CIM (Centro de Información ás Mulleres), na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2, ou chamando ao 986 40 80 43.