Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Black Friday adianta o acendido das luces do Nadal que este ano chegará a todas as parroquias

RR_Noticias

O goberno local anuncia que o acendido do alumeado farase o venres 29 de novembro para facelo coincidir co Black Friday co obxecto de “contribuír á dinamización do comercio de proximidade”. Nos vindeiros días darase a coñecer a programación do Nadal na que “terán especial protagonismo os máis pequenos”.

En todo caso, o Goberno local xa adiantou que a data do acendido do alumeado de Nadal farase, en Redondela, o venres 29 de novembro ás 19:00 horas e en Chapela, un día despois, o sábado 30 de novembro tamén ás sete da tarde.
A posta en marcha o alumeado faise coincidir, de acordo coa Asociación de Empresarios de Redondela, co Black Friday, unha das xornadas importantes para o comercio local. Dende o goberno explican que “como administración local temos a obriga de poñer todos os medios ao nosos alcance para contribuír á dinamización do comercio de proximidade, un dos motores económicos do municipio”.
Doutra banda, como novidade neste ano, o alumeado de Nadal estenderase a todas as parroquias que ao entender da alcaldesa Digna Rivas “nin poden, nin deben quedar fora de calquera actividade que organice o Concello”. Dese xeito alumearanse os lugares máis emblemáticos de cada parroquia para o Nadal chegue “a todo o municipio”.
A alcaldesa subliñou o feito de que, o alumeado de Nadal, tivo que facerse “de acordo co contratado polo anterior Goberno, xa que a contratación era por dous anos, e pese a iso, atopamos o xeito de que tamén chegue aos veciños e veciñas das nosas parroquias para que, este Nadal sexa realmente para todos e todas”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará