O resultado en Somozas foi 1-0 nun partido no que os de “Gonza” mereceron moito máis. Ata dous goles lle foron anulados ao plantel redondelán. Na Primeira Galega gañou o Arcade ante o Candeán e na Terceira o Chapela goleou ao Vilariño. No balonmán triunfos nas categorías masculinas de Chapela e SAR, e derrota en Canarias da SAR Rodavigo de Honra Plata Feminina.
Terceira División
Somozas 1-0 Choco
Unha xornada máis a choiva adquiría o protagonismo da xornada, condicionando un partido no que o estado do terreo de xogo impedía a boa circulación do balón. Ambos equipos o sabían e tiñan que duplicar esforzos para realizar o seu xogo. Nun partido que comezou sen ocasións claras por ningún dos bloques, pouco a pouco os choqueiros comezaron a obter a posesión de balón facendo un xogo combinativo que lle permitía achegarse a área rival creando ocasións de gol que non atinaban a rematar entre os tres paus. A primeira máis clara nos minutos iniciais, no sete máis concretamente, sería para o plantel vermello tras un saque de esquina a cuxo remate chegaría Alberto Suárez pero sen resultado positivo para os intereses choqueiros pola boa intervención do gardameta local. A maioría das ocasións chegarían de xogadas a balón parado, pero sen acerto. No minuto 32 o árbitro anulou un gol de Félix por fóra de xogo. Despois Adri e Félix serían os artífices dunha bonita xogada que a piques estivo de terminar en gol, pero sen embargo rematou nunha contra local perigosa que puxo en apretos a portería do Choco. Na segunda metade se repetía o patrón da primeira. Dez minutos tiveron que pasar para que os locais chegasen a portería de Cortegos aínda que as xogadas máis numerosas para os choqueiros volverían a chegar a balón parado. De feito, novamente, a decisión arbitral de anular o gol por un dubidoso fóra de xogo, neste caso de Adrían no remate dunha xogada de falta iniciada por Sergio Santos ao comenzo deste segundo tempo troncaría as posibilidades de ir por diante do marcador, o que ben podería cambiar o transcurso do encontro cando corría o minuto 47. O tanto local chegaría no minuto 79 nunha xogada embarullada na portería de Cortegoso. Logo Martín tería o empate nos seus pés sendo na última xogada do encontro, pero sen acerto, polo que o CD Choco regresou de baleiro. O conxunto redondelán, que agora é 6º, recibe o domingo ao líder, o Ourense CF.
Primeira Galicia
Candeán 0-2 Arcade
Triunfo que se lle puxo de cara ao Arcade mediada a primera mitade grazas a un gol de Monroy e que, ante un rival volcado para buscar o empate, pechou cun tanto sobre o pitido final de Antolín. O Arcade é 6º e na próxima xornada recibe ao Guardés, situado na metade baixa da táboa.
Segunda Galega
Bueu 6-0 Cesantes
O Cesantes complícase a permanencia logo da derrota en Bueu. Na próxima xornada recibe ao Pontecaldelas, situado tres postos por riba dos redondeláns.
San Esteban 2-0 Atl Vilar
Os locais, con moita necesidade de puntos para escapar da parta baixa da táboa, tiveron como vítima ao Vilar, que malia a derrota segue nunha situación cómoda, como 11º. O domingo reciben en San Martiño ao Nieto, outro dos equipos que pelexan por saír do pozo.
Terceira Galicia
Chapela 6-1 R. Vilariño
Contundente triunfo local, o sexto nun refacho de oito xornadas seguidas sen perder, para reafirmar a súa candidatura a pelexar o ascenso. Con 2-0 ao dez minutos parecía un partido fácil, que ameazou con complicar o gol de Andrés ao comezo da segunda metade. Pero o Chapela non se deixou sorprender e con catro tantos máis neste corenta e cinco minutos pechou a goleada. Na próxima xornada xogan no campo do San Miguel, o 2º clasificado.
Nespereira, xornada de descanso
O domingo reciben ao Sampaio, 8º do grupo.
Fútbol Sala
Terceira División
Pazos de Borbén 3 -4 Stellae FS
Partido moi disputado que finalmente levaron os de Pazos no último minuto. O próximo sábado volven xogar na casa. Reciben ao Gonnaba Parrulo Ferrol B, 7º do grupo.
Preferente Sur
Redondela Maramar 3-3 Apostol
Logo do empate o Redondela é 4º, queda fóra da fase de ascenso, posición que tentarán recuperar na próxima xornada, coa visita á pista do Cesures, actualmente 8º do grupo.
Lume corbatas 9-1 Campito
Os de Chapela non tiveron nada que facer ante un dos equipos máis fortes do grupo, actualmente 2º clasificado. O domingo os de Chapela reciben ao Celado Mos, un rival “da súa liga” que suma 2 puntos máis que o Campito.
Primeira Galicia
Arealonga Const.Castro 7-3 Beade B
O Arealonga segue máis lider aínda logo de superar ao Beade sen problemas e con goleada. O sábado xogan en Vigo ante o Valadares B, cos anfitrións na metade da táboa.
Balonmán
División de Honra Prata Feminina
Lanzarote P. del Carmen 33-22 SAR Rodavigo
Pouco puido facer a SAR Rodavigo en Lanzarote. As redondelanas aguantaron na primeira parte, pero na segunda foron borradas polas canarias. Na próxima xornada reciben ao Siero, co que están empatadas a puntos na parte baixa da táboa.
Primeira Nacional
Automanía Luceros 25-28 Rodosa Chapela
O Rodosa Chapela impúxose no derbi. O conxunto redondelano venceu a domicilio ao Automanía Luceiros (25-28) e ascende ao terceiro posto da clasificación. Luceros e Chapela protagonizaron un partido no que cada un dominou unha parte. Na primeira, os cangueses mostraron a súa mellor cara e chegaron ao descanso cunha renda de dous goles (15-13), pero na segunda, o Rodosa Chapela remontou con Rubén Figueirido (10 tantos) e Chema Cid (6) como principais bazas no ataque. O sábado reciben en Chapela ao Bueu, que é 5º cun punto menos que os de Teixeira.
Primeira Autonómica
Eumesa 20-31 SAR
O conxunto redondelán é máis líder logo de impoñerse na pista do Eumesa. Na próxima xornada reciben en Redondela ao C.Ourense, que é 4º.