Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pedro Iturralde regresa a Redondela nunha semana cargada de jazz

RR_Noticias

Pasaron case vinte anos dende que no 2000 participara en diferentes concertos e na gravación do disco Reswingdondela da Orquestra de Saxos. Regresa agora ao noso concello da man do Conservatorio nunha semana chea de jazz con tres citas que se van desenvolver no Multiúsos. O programa previsto arranca este mércores 20 co concerto “Impressions of Debussy” ás 20:00 horas a cargo de Rathbun & Siskind Duo. O xoves celébrase unha charla a varias voces na que se falará de jazz e da traxectoria de Iturralde. Pechará a semana o concerto Old Friends Memories, co veterano músico acompañado de diferentes formacións do Conservatorio.

Un concerto “moi sensible e para todos os públicos” en palabras da directora do Conservatorio, Elisa Arias, quen explicaba a honra de recibir novamente en Redondela a Pedro Iturralde quen ofrecerá aos seus 90 anos un concerto dividido en dúas partes, a primeira máis sinfónica na que Iturralde rememorará o seus inicios e unha segunda parte acompañado da big band do Conservatorio moito máis jazzística. En todo caso un repertorio no que se poderá escoitar, seguramente por última vez non só en Redondela senón en toda Galicia, a unha lenda viva do jazz. Previamente celebrarse o xoves unha conferencia na que se falará da traxectoria vital e profesional de Pedro Iturralde, quen estará sentado na mesa xunto co especialista en música de jazz Luis Cuntín (responsable do programa Tempo de Jazz da Radio Municipal de Redondela) e o xefe de estudios do Conservatorio, José Pérez. Paralelamente a esta charla inaugurarase unha exposición no propio Multiúsos integrada por vinilos, obras, imaxes e premios cedidos por Iturralde para a ocasión e que permitirá coñecer un pouco máis a un músico recoñecido internacionalmente como pioneiro do flamenco jazz. Unha intensa semana musical que arrancará xa este mércores cun concerto a cargo do dúo integrado por Andrew Rathbun e Jeremy Siskind. Un concerto de saxofón e piano improvisando en clave de Jazz de cámara os Preludios para Piano de Claude Debussy e que leva por título “Impressions of Debussy”. Dous magníficos músicos de alén do Atlántico: o saxofonista canadiano Andrew Rathbun e o pianista estadounidense Jeremy Sisikind, que tamén compartirán o seu saber e experiencia co alumnado do conservatorio, lugar no que impartirán unha master class. Tanto o Concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa como a alcaldesa, Digna Rivas, salientaron a relevancia e a honra que supón para Redondela poder gozar dun concerto de Iturralde cualificando esta actuación de “histórica”.  

Elisa Arias directora Conservatorio
Un concerto para todos os públicos
Charla sobre e con Iturralde
Participarán tamén Luís Cuntín e José Pérez
Daniel Boullosa edil de Cultura
Fala do concerto do mércores
Digna Rivas alcaldesa
Unha actuación histórica

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará