Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fran Amoedo: “O equipo está a traballar moi ben e estou seguro que os resultados mellorarán”

RR_Noticias

O Pazos de Borbén F.S. comezou a liga en Terceira División de xeito irregular, logo de sufrir importantes baixas no plantel. O técnico sinala que moitas das derrotas foron “moi axustadas” e que ao equipo estalle a faltar “un chisco de sorte”. O sábado perderon ante o Stellae no último minuto, pero Amoedo está convencido de que os resultados mellorarán nas próximas xornadas.

Esta temporada está a ser “moi esixente” con equipos que se reforzaron moito, mentres que o Pazos perdeu a varios dos seus mellores xogadores. O actual campión de liga, e que tivo que renunciar o ascenso a Segunda B por motivos económicos, afronta este ano a temporada con moitas novidades no equipo. Entre as incorporacións están varios xogadores do equipo xuvenil “que teñen que ir gañando experiencia”. No partido disputado a pasada fin de semana ante o Stellae os de Amoedo perderon por 3-4. Foi un partido moi igualado que finalmente levaron os de Padrón no último minuto, unha tónica que lamentablemene se está a repetir “con demasiada frecuencia”. Amoedo confía en mudar a tendencia e afirma estar “convencido” de que o equipo acadará o obxectivo da permanencia “sen problemas”. Logo de 8 xornadas o Pazos é 12º, con 7 puntos tras sumar 2 vitorias, 1 empate e 5 derrotas. Os dous triunfos foron como visitantes, ante o Vigo 2015 e o Valdesuso Peugeot Vilalba, líder do grupo. Un triunfo importante nun partido moi igualado que demostra a calidade dos de Pazos, xa que foron o único equipo capaz de impoñerse ao líder no que vai de liga. Pazos de Borbén-Gonnaba Parrulo Ferrol B Esta fin de semana volven xogar na casa. Reciben ao Gonnaba Parrulo Ferrol B, 7º do grupo, co reto de gañar o seu primeiro partido como locais. A cita, no pavillón municipal de Pazos, o domingo ás 18.00 horas.

Fran Amoedo adestrador
O actual campión de liga e que tivo que renunciar o ascenso a Segunda B por motivos económicos afronta este ano a temporada con moitas novidades no equipo.
Comezo irregular
Amoedo confía en mudar a tendencia e afirma estar "convencido" de que o equipo acadará o obxectivo da permanencia "sen problemas".
Pazos de Borbén-Gonnaba Parrulo Ferrol B
Reciben ao Gonnaba Parrulo Ferrol B co reto de gañar o seu primeiro partido como locais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará