Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Multan ao concello de Soutomaior por realizar vertidos contaminantes á ría

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior foi sancionado con 5000 euros  o pasado 14 de novembro por ser culpable dun “verquido non autorizado de augas residuais procedente de instalacións municipais”. O BNG solicita a convocatoria dun pleno extraordinario para esixir responsabilidades xa que non se trata da única sanción a este concello por accións contra o medio ambiente. Recentemente tivo que pagar 500 euros por vertido ao río na zona de Xunqueira de Arcade.

Augas de Galicia denunciou este verquido ilegal do concello que se atopa nas inmediacións do paseo marítimo de Arcade. O ente público, segundo informa o BNG, acusa ao goberno local de “non ter realizado as súas obrigas de mantemento e corrección preventiva das redes de saneamento”  e responsabilízao de que “ao non facer este mantemento e conservación os caudais increméntanse de xeito inadmisible” polo que “con episodios tan sequera leves de choiva” prodúcense verquidos ao mar.
Así mesmo,  o escrito da multa critica ao Concello de Soutomaior por non asumir as súas responsabilidades na rede de separación de augas da choiva e augas fecais, e por “facer obras na rede sen aviso previo” o que tal e como reza o escrito da sanción é o culpable  “dos alivios ao mar e da conseguinte contaminación”
A este respecto o portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo sinalou que esta non é a única sanción que ten que pagar este concello xa que hai escasas semanas Soutomaior tivo que pagar outra multa de 500 euros por vequidos ao río na zona de Xunqueira de Arcade e está pendente tamén da resolución dunha denuncia de medio ambiente por facer verquidos de residuos sólidos urbanos no monte comunal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará