Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito Chapela F.S. non deixa de medrar

RR_Noticias

Con máis de 150 fichas entre categorías masculinas e femininas, o club de Chapela segue a medrar pola base, pero tamén nas categorías superiores, cun total de 12 equipos. Esta temporada conta tamén cun senior feminino na Primeira Galega para darlle ás rapazas a oportunidade de seguir compentindo no seu deporte favorito.

O presidente, Iago Fernández, adestrador tamén do primeiro equipo masculino, amósase moi satisfeito coa boa acollida das categorías inferiores femininas do Campito Chapela F.S. Contan cun equipo Infantil e outro Cadete na liga autonómica, con moi bos resultados, e este ano tamén puideron inscribir un equipo feminino sénior na Primeira Galega. Para Fernández, aínda que non comezaron moi ben en canto a resultados, o feito de contar cun combinado sénior “xa é un éxito”, e desta maneira garanten que as rapazas de categorías inferiores poidan seguir medrando no club e competindo “cando vaian subindo de categoría”. Advirte tamén que o primeiro equipo feminino “é moi novo”, tan só hai catro xogadoras que sexan sénior, e completan o plantel con futbolistas xuvenís e cadetes. Redondela Maramar-Campito F.S. En canto ao primeiro equipo masculino, o Campito pasou nos útlimos anos por distintas categorías e agora está en Preferente, onde comparte liga co Redondela Maramar, co que se enfrontará esta fin de semana. O derbi local dispútase no pavillón da Marisma, cos anfitrións mellor situados na táboa. Con todo, o técnico confía levar unha vitoria para Chapela e anima aos afeccionados do fútbol sala a asistir ao partido, que se disputa o domingo ás 16.15 horas. Fernández quere repetir triunfo logo de gañar a pasada xornada ao Celado Mos. Obxectivo, a Copa O Campito é 9º con 14 puntos, e márcase como obxectivo para esta primeira volta escalar unha posición, ata o 8º lugar, para poder disputar a Copa. Cun plantel xoven e renovado, e logo dun comezo de liga irregular, os resultados están a mellorar para o Campito, que confía en garantir a permanencia “canto antes”. Pódese decir que a situación na táboa é bastante tranquila para os de Chapela, no ecuador da clasificación, a 13 puntos dos postos de descenso, pero tamén lonxe da cabeza, a 10 puntos do 3º.

Iago Fernández presidente do Campito
No club apostan polo fútbol sala feminino en todas as categorías.
Redondela Maramar-Campito F.S.
O técnico confía en levar unha vitoria para Chapela e anima aos afeccionados a asistir ao partido que se disputa o domingo ás 16.15 horas.
A Copa como obxectivo
O Campito é 9º con 14 puntos e márcase como obxectivo para esta primeira volta escalar unha posición ata o 8º lugar para poder disputar a Copa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará