Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG leva a pleno o rexeitamento aos aterramentos promovidos pola Autoridade Portuaria

RR_Noticias

O Pleno municipal correspondente ao mes de novembro que se celebra este xoves ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira abordará, entre outras cuestións, unha moción do BNG na que solicitan da corporación a súa oposición aos intereses da Autoridade portuaria de Vigo para realizar diferentes aterramentos na ría. Unhas actuacións que, ao entender do Bloque, suporían unha nova agresión á ría “que virían agravar o seu xa precario equilibrio medioambiental”.

O BNG presenta a debate unha moción co que se pretende amosar o rexeitamento do Concello de Redondela aos aterramentos que pretende a Autoridade Portuaria na Ría. Segundo sinalan “as pretensións da Autoridade Portuaria consisten en aterramentos de 65.000m2 na zona de Bouzas e outros 50.000m2 na zona do Areal. Unhas actuacións que virían a agravar o xa difícil equilibrio medioambiental da Ría de Vigo “modificando aínda máis as correntes, alterando o ciclo vital de moitas especies, incidindo negativamente en sectores económicos como o marisqueiro”.
Denuncian que “existe un perigo real de que o presidente da Autoridade Portuaria autorice tamén futuros aterros no Estreito de Rande, co que o futuro da Enseada de San Simón volve a estar en entredito por un único interese económico”. Recordan que unha alta porcentaxe dos aterros existentes, están ocupados por industrias que pouco ou nada teñen que ver coa produción pesqueira. Por ese motivo, recóllese entre as propostas que estas empresas se reubiquen na PLISAN.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará