Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roteiros da memoria en Chapela cun percorrido por muiños e lavadoiros da man dun historiador

RR_Noticias

A Asociación de veciños de Chapela organiza este sábado día 30 ás 10:30 horas un roteiro que busca dar a coñecer diferentes aspectos do seu patrimonio material e inmaterial. Para iso contará coa presenza dun arquitecto e un historiador, pero animan tamén a maiores da parroquia a participar para achegar os seus coñecementos e lembranzas. O lugar de encontro será o pavillón de Chapela.

Alí daranse cita os participantes que percorrerán algúns puntos da parroquia cun arquitecto e cun historiador, dándose a palabra tamén as persoas maiores que queiran contar algo sobre os lugares visitados, como a súa toponimia, os nomes dos muíños, das fontes e dos lavadoiros. Pero tamén quere servir esta xornada para recompilar contos, anécdotas, cancións, bailes, oficios, lendas e costumes relacionados con estes lugares. Haberá unha persoa encargada de xeolocalizar con GPS os puntos visitados e irá arquivando todo o que se conte sobre eles, para ir creando sobre a marcha un mapa colectivo interactivo.
Haberá vehículos para levar as persoas de punto a punto, para así facilitar a asistencia de persoas maiores. Quen queira poderá facer todo ou parte do percorrido a pé.
Ao redor da unha do mediodía xa no Multiúsos do Piñeiral do Crego visualizarase o mapa interactivo xerado durante a actividade con todas as achegas realizadas polos asistentes.
Non é precisa a inscrición, pero agradécese anotación previa, especialmente daquelas persoas que queiran intervir contando algo no enderezo electrónico avvchapela@gmail.com ou a través do teléfono 680 71 89 52.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará