Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Descontos de ata o 30% en oitenta comercios de Redondela que se suman ao Black Friday

RR_Noticias

A Asociación de empresarios e o concello coordinan un programa de actividades para este venres que servirá de arranque de Nadal. A compañía Troula Animación será a encargada de guiar o acendido das luces ás 19:00 horas. Co obxecto de promover un maior aforro enerxético as luces permanecerán acendidas unha hora menos, ata o 22 de decembro de 18.00 a 24.00 e do 23 de decembro ao 6 de xaneiro ata a unha da madrugada. Unha iluminación contratada polo Concello á que se suman neste Black Friday os comercios que lucirán unha árbore branca iluminada que se situará nas entradas dos establecementos.

Por primeira vez, o acendido das luces de Nadal faise coincidir en Redondela coa campaña de dinamización comercial celebrada con motivo do Black Friday. O pequeno comercio da Vila considera necesario sumarse a esta promoción globalmente instaurada e considera que ten capacidade competitiva suficiente para ofrecer ao consumidor unha oferta de calidade, con promoción que se realizarán como máximo os días 29 e 30.
Ademais a Asociación fai coincidir a data coa estrea da decoración exterior de Nadal. A proposta deste Nadal é unha elegante árbore branca iluminada que se situará nas entradas dos comercios con escintileos de luz realizados en vinilos. A cor branca será a dominante nesta campaña de nadal que ven acompañada de medidas medioambientais en materia de packaging e como non a campaña de premios que será presentada o vindeiro venres.
En canto ao alumeado promovido dende o concello e co gallo de promove un menor gasto enerxético así como a emisión á atmosfera de monóxido de carbono, as luces apagaranse unha hora antes que o ano pasado. Así, o horario do acendido entre el 29 de novembro e o 22 de Decembro será de 18.00 a 24.00 horas e do 23 de Decembro ao 6 de Xaneiro rematará a unha da mañá en vez das dúas, como sucedía en anos anteriores.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará