Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños do Viso reclaman beirarrúas na estrada provincial

RR_Noticias

  O atropelo mortal rexistrado na EP-2901 o pasado día 17 de novembro pon de relevo, unha vez máis, a inseguridade viairia desta estrada. Non existen beirarrúas e soporta unha elevada densidade de tráfico tanto de turismos como de camións, o que converte ao vial nun perigo para os peóns. Os veciños reclaman a construción de beirarrúas e non descartan emprender mobilizacións para conseguilo.

A estrada provincial EP-2901 é un vial moi transitado polos veciños do barrio de Tuimil para ir á igrexa ou o parque infantil, e a falta de beirarrúas obriga aos peóns a invadir a calzada. Esta situación, sumada á elevada densidade de tráfico que soporta, tanto de turismos como de camións, fan da estrada unha vía moi perigosa. Por iso os veciños non se sorprenden do tráxico atropelo mortal rexistrado o pasado día 17, e advirten que “a sorte ten evitado que se rexistren máis accidentes similares”, como explica Florencio. Tamén Xoán sinala que é “normal” que se producira un accidente como o que hai 15 días lle custab a vida a un veciño do barrio. Sinala que, ao problema da falta de beirarrúas e do abundante tráfico, se suma ás veces a falta de visibilidade dos peóns, que non levan prendas reflectantes. Advirten os veciños que mentres non se dote a esta estrada de beirarrúas, sempre pode haber “despistes” que acaben “nunha desgracia”. Paco lamenta esta situación, que se mantén ao longo de toda a estrada “malia o compromiso adquirido hai xa anos pola Deputación de Pontevedra. Esta falta de seguridade padécena a diario os veciños, e tamén os rapaces que teñen a parada do autobús escolar nesta estrada. Tráfico pesado Á falta de beirarrúas súmase o elevado volume de tráfico que atravesa a parroquia por este vial, que utilizan a diario turismos e camións que se dirixen a Arcade, Soutomaior ou mesmo aos polígonos de Ponte Caldelas ou A Lama. Desde que en Arcade se prohibiu o tránsito de camións o tráfico de vehículos pesados polo Viso multiplicouse. Nogueira advirte que malia que existe un sinal de limitación de tonelaxe “o caso é nulo”. Tampouco respectan os condutores os límites de velocidade, establecido en 30 ou 40 quilómetros por hora segundo o tramo do vial, unha limitación que xera tamén debate entre os veciños, que discrepan da súa utilidade. Por iso hai quen advirte que se os veciños se queixan da velocidade excesiva do tráfico, as autoridades “acabarán instalando radares na estrada, en lugar de construir beirarrúas”. Beirarrúas sobre os regos da auga Os residentes propoñen outra solución, máis segura e efectiva que os radares: dotar de beirarrúas aqueles tramos da EP-2901 onde exista espazo suficiente para facerlo. Explican que hai tramos onde se instalaron caños de grandes dimensións para as augas pluviais que poderían cubrirse e servir de paso seguro para os peóns. Sinalan que é cuestión de “vontade política”, xa que nin os responsables actuais da Deputación nin os anteriores fixeron nada por mellorar a seguridade nesta estrada. Moitos apuntan que os veciños deberían unirse e “saír á rúa con mobilizacións e protestas para que o arranxen”. A solicitude dunhas beirarrúas foi presentada ante o Concello de Redondela e debatido en pleno, ademais de presentarse tamén un escrito na Deputación. O resultado foi a instalación de bandas reductoras de velocidade e de sinais de tráfico, pero non fixeron as beirarrúas.

Un perigo para os peóns
Os veciños non se sorprenden do tráxico atropelo mortal rexistrado hai 15 días e advirten que "por sorte" non hai máis como explica Florencio.
Falta de compromiso
Paco lamenta esta situación ao longo de toda a estrada "malia o compromiso adquirido hai xa anos pola Deputación de Pontevedra".
Tráfico pesado
Desde que en Arcade se prohibiu o tránsito de camións o tráfico de vehículos pesados polo Viso multiplicouse como denuncia Nogueira.
Beirarrúas sobre os regos da auga
Explican que hai tramos onde se instalaron caños de grandes dimensións para as augas pluviais que poderían cubrirse con placas perforadas e servir de paso seguro para os peóns.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará