A partida pretende implicar ao goberno do Estado e á mesma Autoridade Portuaria para elaborar un convenio entre diferentes administracións co obxectivo de poñer en valor este ben patrimonial”, afirman dende a organización nacionalista. Presentaron tamén varias emendas aos orzamentos da xunta para o 2020 para afrontar melloras na seguridade viaria da estrada que enlaza Redondela con Pazos de Borbén, ao seu paso por Reboreda así como na contorna do CEIP Outeiro das Penas. Tamén unha partida para acometer a pivotaxe do Peirao de Cesantes.
Entre o paquete de iniciativas presentadas polo BNG destaca unha partida de 300.000€ para a recuperación do Cargadoiro de Mineral “Coto Wagner” en Rande. Unha infraestrutura construída a mediados dos anos 60 para Minerosiderúrxica de Ponferrada, que despois de varias décadas converteuse nun destacado elemento do patrimonio industrial do entorno do Estreito. O abandono ao que as diferentes administracións someteron a esta estrutura de ferro, xunto ao interese do actual presidente da Autoridade Portuaria por derrubalo, moveron a presentar a proposta de recuperación.
Recordan igualmente como diversas mocións e propostas aprobadas polo Pleno de Redondela ían nesa liña e que recentemente constituíse a asociación ARPE (Asociación Rande Proxecto Europeo), que “pretende conseguir a distinción de Patrimonio Cultural Europeo, de toda esta parte do Concello de Redondela”.
Insisten en que a recuperación do Cargadoiro necesita de financiamento por parte de diversas administracións, tanto europeas, estatais como galegas e que o goberno galego debe dar os primeiros pasos, posto que o patrimonio cultural, dunha maneira ou doutra depende da Xunta.