Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior inaugura un nacemento a tamaño real obra de Marcos Mariño

RR_Noticias

O Belén instalarase na Praza da Ostra este xoves día 5 de decembro e inclúe tres novas figuras que recrean en tamaño natural a tradicional estampa do nacemento talladas en madeira. Ao neno, a Virxe María e San José, únenselle este ano as figuras do Boi, a Mula e o Anxo que, segundo a tradición cristiá, foi quen avisou aos pastores da chegada do neno Jesús. As novas figuras, segundo indicou o alcalde, Agustín Reguera, xa están pensadas para que os nenos e nenas poidan subirse a elas e facerse as súas fotografías do Nadal.

Explica o alcalde que logo do éxito do ano pasado e vendo que todos os veciños facíanse fotos co nacemento, decidiron pedirlle ao artista que as figuras dos animais fosen tombadas “así son máis cómodas, accesibles e seguras para todos”.
O nacemento conservará este ano o seu lugar na Praza da Ostra de Arcade, pero como a intención municipal é que vaia crecendo cada ano, a partir do 2020 terase que valorar unha nova localización. O sitio dependerá das novas incorporacións que poderían contemplar figuras dos Reis Meigos, os pastores e máis animais até completar un nacemento único e exclusivo de Soutomaior.
O autor das figuras, Marcos Mariño, é escultor de madeira especialista en talla con motoserra e recentemente foi o primeiro español convidado ao campionato internacional de talla, celebrado na localidade rusa de Tomsk, e no que se clasificou entre o dez primeiros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará