Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os artistas locais súmanse ao rexistro municipal promovido por Cultura

RR_Noticias

O departamento de cultura do Concello valora moi positivamente a participación dos artistas locais no rexistro posto en marcha para coñecer o número de persoas que en Redondela traballan nos diferentes campos artísticos. O obxectivo deste rexistro é coñecer en detalle a produción de artesáns e artistas, ademais  de facilitar a comunicación e propiciar intercambios, actuacións, exposicións. Por este motivo, convidan a todos os que traballen neste eido a enviar un correo cos seus datos ao enderezo cultura@redondela.gal.

Dende a Concellería de cultura explican que este rexistro está orientado a recoller a todas aquelas persoas ou grupos que traballen no campo artístico en xeral: músicos, actores, fotógrafos, pintores, escultores… calquera manifestación artística ten cabida neste inventario no que se poden inscribir aqueles que envíen un correo no que se acheguen datos sobre o nome do artista ou grupo, descrición do estilo artístico, integrantes e contacto. Tamén animan a enviar enlaces de redes sociais, blogs ou páxinas webs que empreguen para promocionar o seu traballo. O rexistro empregarase co obxecto de “difundir, apoiar, coordinar e facer visibles a todas as persoas que fan que o nosos municipio creza grazas a súa arte”. Apuntan tamén como outro dos obxectivos do rexistro, “coñecer o número de entidades existentes e mellorar a relación destas co concello, facilitando a súa contratación e participación nas actividades promovidas dende a propia concellería”.  

Daniel Boullosa edil de Cultura
Amosa a súa satisfacción pola acollida que está a ter o rexistro
Ana Gesteira
Explica como participar da iniciativa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará