Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os bancos de Redondela xa teñen nome

RR_Noticias

A Alameda de Castelao conta xa con varios bancos con placas que fan referencia, cada unha delas, a persoeiros que teñen relación co municipio, tanto de ámbito local como Casto Sampedro ou Reveriano Soutullo, coma a intelectuais ou artistas que, dunha ou doutra maneira, falaron de Redondela, como o escritor arxentino Julio Cortázar ou o pintor Salvador Dalí. Non falta un destes bancos adicado a Pier María Baldi, que no ano 1669 realizara unha coñecida acuarela na que se recolle unha imaxe da Redondela da época. En torno a súa figura e obras realizaranse no vindeiro ano diferentes actividades organizadas dende o concello.

Unha iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística que busca dar a coñecer a diferentes persoeiros que dun xeito ou outro estiveron vencellados coa nosa vila. Así, os bancos cos seus respectivos nomes situáronse na alameda de Redondela, pero tamén na de Rosalía de Castro en Chapela, con referencias a persoas relacionadas con esa parroquias como Xela Arias, escritora que impartiu clases no instituto da parroquia e que a día de hoxe nome a Biblioteca do Piñeiral, ou o tamén escritor Álvaro Cunqueiro,xa que foi durante o seu período como director do Faro de Vigo cando este xornal trasladou as súas oficinas á parroquia.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou que esta iniciativa continuará coa colocación de novas placas que “sirvan de homenaxe e tamén como elemento de divulgación cultural”.
Doutra banda, Digna Rivas, anunciou a realización de diversas actividades con motivo dos 350 anos da visita de Pier María Baldi a Redondela. Este pintor dos Medici, deixou unha lámina de Redondela que pasa por ser unha das imaxes máis antigas da vila. Precisamente, sobre esta acuarela traballou Manuel Puga, autor do libro A Redondela de 1669 na acuarela de Pier María Baldi.
A alcaldesa redondelá tamén adiantou que se colocará un panel coa reprodución da acuarela a gran tamaño, tras conseguirse os permisos da Biblioteca de Florencia e se realizarán unha serie de conferencias, o vindeiro ano, co reparto do libro entre o alumnado do municipio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará