Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O S.D. Pazos golea ao Sport Sala Culleredo

RR_Noticias

Os de Fran Amoedo superaron en Pazos ao conxunto coruñés por 6-0. Malia o abultado do resultado o encontro foi moi disputado, pero púxoselle de cara ao equipo local. Na Preferente gañou o Campito ante a Quinta de Tui. En fútbol a única vitoria local foi a do Nespereira, en Terceira Galicia. Tamén sumou un empate o Chapela.

Fútbol Sala
Terceira División

Pazos de Borbén F.S 6-0 Sport Sala Culleredo
O equipo de Fran Amoedo foi quen de superar a todo un Sport Sala Culleredo nun partido moi pelexado, malia o abultado do resultado. Todo se lle puxo de cara aos de Fran Amoedo, con protagonismo do gardameta, que botou por terra todas as ocasións dos coruñeses, e o acerto de cara ao gol con catro tantos de Luis e 2 de Jony. O sábado xogarán ante o Estrada Futsal, no pavillón municipal Coto Ferreiro, ás 19.00 horas.
Preferente Sur

Teis-Redondela Maramar, aprazado
O conxunto redondelán está no 4º posto, malia que con dúas xornadas menos disputadas. O domingo recibe ao Balona Linense, situado na parte baixa da táboa.
Campito 4-2 Quinta de Tui
O Campito mantense no 11º posto da táboa logo de impoñerse ao Quinta de Tui, e afástase cada vez máis dos postos de perigo na táboa. Na próxima xornada visitan a pista do Valadares Global Mar, un rival complicado da parte alta da clasificación.
Primeira Galicia

Arealonga Const.Castro, xornada de descanso (Regresan á competición o día 14 no pavillón do Rosal ante o AEVM O Pirata, segundo clasificado, pero a 7 puntos de distancia).
Fútbol Terceira División

Choco, xornada de descanso
A liga de Terceira División tomouse un respiro esta fin de semana, mentres se disputaba a primeira fase da Copa das Rexións da UEFA, na que Galicia conseguiu clasificarse para a seguinte rolda.Bastáballe mesmo unha derrota pola mínima ante Ceuta para conseguir o primeiro posto do grupo que completaba Castela-A Mancha, pero os de Iván Cancela non especularon o máis mínimo para golear aos da Cidade Autónoma (4-0). Despois desta primeira fase disputada no Salnés, Galicia gañouse o pasaporte para medirse na fase intermedia a Euskadi a partido único, cita que terá lugar o 21 de febreiro na Cidade do Fútbol de Las Rozas. Dous xogadores do Choco estiveron nesta convocatoria, o porteiro David Cortegoso e Diego Rodríguez, “Vitra”.
O Choco regresa á competición de Terciera División o próximo domingo, cando reciba en Santa Mariña ao Alondras. O equipo do Morrazo está un posto por baixo dos redondeláns, na 7ª praza, a 5 puntos de distancia.
Primeira Galega

Arcade 1-5 Moraña
O Moraña superou ao Arcade, que non atopou o seu mellor xogo no Salgueirón, e os seus seguidores na táboa recortan distancias. O domingo visita o campo do Zacande, afundido na parte baixa da táboa.
Segunda Galega

Cesantes 0-2 San Adrián
O Cesantes segue como pechacancelas logo de perder ante o San Adrián. Na próxima xornada visita o campo do Deiro, equipo situado tamén na parte baixa da táboa, con dous puntos máis no casilleiro.
Atl Vilar 3-4 Salvaterra
O Salvaterra levou os tres puntos de San Martiño e aumenta a distancia co Vilar, que se mantén no 13º posto, pero a máis distancia dos postos medios da táboa. Na próxima xornada visita o campo do Tomiño, un dos fortes do grupo, no 4º posto.
Terceira Galicia

Peñasco 0-0 Chapela
Os de Redondela seguen na pelexa, no 5º posto, logo do reparto de puntos no campo do Peñasco, nun partido sen goles. O domingo recibirán en Chapela ao Vigo 2015, situado na metade baixa da táboa.
Vincios 4-5 Nespereira
O Nespereira, encadea dúas vitorias consecutivas, as dúas únicas desta temporada, logo de impoñerse no campo do Vincios nun partido moi intenso e con moitos goles. O partido chegaba ao descanso co 3-1 a favor dos locais, pero despois do paso por vestiarios a situación mudou e o Nespereira conseguiu empatar o encontro en tan só 5 minutos. Pouco despois o Nespereira poñíase por diante co 3-4, empataron os locais a 4 goles pero, a dez minutos do final do encontro, Francisco Iglesias anotou o seu terceiro tanto, que poñía o 4-5 no marcador que sería xa definitivo. O equipo de Pazos de Borbén segue como pechacancelas, pero agora a tan só 1 punto do penúltimo, o Independiente. Na próxima xornada reciben ao Apóstol, 11º na táboa.
Balonmán
División de Honra Prata Feminina

San José 35-31 SAR Rodavigo
As de”Chini” deron a cara na pista do líder, xogando a un gran nivel, pero finalmente as Canarias fixéronse co partido. No 10º posto da táboa, a próxima xornada reciben en Redondela ao Carballal, que é 7º.
Primeira Nacional

Rodosa Chapela 33-18 Tejina
Os de Chapela superaron amplamante aos canarios nun partido que dominaron de prinicipio a fina. Unha xornada máis disputada, os de Teixeira están no 3º posto da liga, a tan só 1 punto do 1º e o 2º, que son o Lalín e o Lanzarote, respectivamente. Na próxima xornada teñen descanso.
Primeira Autonómica

SAR, tiveron xornada de descanso. Esta fin de semana, e como 2º do grupo, xoga fóra. Será en Vigo, na pista do Seis do Nadal, cos anfitrións na metade da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará