Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os establecementos de Redondela repartirán bolsas recicladas por un Nadal máis sostible

RR_Noticias

A Asociación de Empresarios distribuirán entre os máis de cen establecementos que se sumaron a esta campaña unhas 20.000 bolsas de papel que buscan fuxir do plástico nunha época marcada polas compras. Unha campaña na que non faltarán os tradicionais vales de compra e premios directos por valor de 300, 200, 100 e 50 euros que se repartirán entre todos os clientes que realicen as súas compras dende o 5 de decembro ata o 5 de xaneiro.

En total repartiranse uns 5.000 euros que pretenden ser un incentivo para que os veciños da vila fagan as súas compras de Nadal no comercio de proximidade. Este formato de campaña  permite que cada comercio teña unha urna de premios única e exclusiva xa que en cada comercio poderá haber premios diferentes, ademais do clásicos vales de compra que nesta edición son de 300€, 200€, 100€ e 50€ que se sortearán ao finalizar a campaña, o día 15 de xaneiro. Como novidade, este ano tamén se suman os praceiros dos mercados de abastos. Nesta edición a Asociación de empresarios busca minimizar a pegada ecolóxica das vendas motivo pola que se acentúa a presenza de materiais cunha distinción ambiental. Neste sentido, as bolsas están realizadas en material reciclado e impresas nunha tinta completamente inocua de base acuosa que farante o coidado do medio ambiente. Unha iniciativa que se ten desenvolvido grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio e o Concello de Redondela.  

Julia Alonso Asociación de empresarios
Por un Nadal máis sostible
Agasallos e vales de compra
En cen establecementos e postos do mercado
Repercusión do Nadal vigués
O tirón de Vigo beneficia nun dobre sentido

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará