Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Invisibles, o alegato contra a violencia machista de Redrum Teatro

RR_Noticias

A compañía de teatro presenta este sábado no Multiúsos da Xunqueira un espectáculo no que se reflexiona sobre o maltrato e a violencia de xénero a través das historias reais de mulleres galegas. Un espectáculo de creación colectiva a partir da novela homónima de Montse Fajardo e coas interpretacións de Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez baixo a dirección de Marián Bañobre. O sábado ás 20:00 horas no auditorio. As entradas están a venda a un prezo de 7 euros entrada xeral, 5€ reducida.

Tres actrices achégannos a través desta obra as testemuñas reais de sete mulleres maltratadas e cuxas historias recolleu na súa novela Montse Fajardo. Son historias sobre violencia machista, algunhas delas xa coñecidas polo público pola súa repercusión mediática. A pretensión do espectáculo e concienciar e sensibilizar ao espectador e reflexionar sobre a inexistencia dun perfil típico entre as mulleres que sofren violencia de xénero e a invisibilidade dos agresores fronte á exposición das vítimas ante a sociedade. Con esta proposta a compañía quere conservar a necesaria dimensión pública do teatro, pero aproveitando tamén a súa capacidade transformadora.  

Sheyla Fariña Redrum Teatro
Un espectáculo no que se fala de maltrato
Unao obra para reflexionar e gozar co teatro
Malia o intenso do argumentos tamén hai oco para introducir elementos cómicos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará