O que fora alcalde de Redondela e actual deputado do PP afirma que a decisión da Consellería de Medio Ambiente de non solicitar a bandeira azul para a praia da Punta “demostra a falta de proxecto do novo goberno e a súa raquítica visión das nosas posibilidades como cuarto municipio da provincia”.
O areal de Cesantes quedará sen bandeira azul logo de que o bipartido PSOE-AER decidira non solicitar este distintivo alegando que a día de hoxe se trata tan só dun recoñecemento comercial outorgado por unha empresa privada que non aporta nada e que, pola contra, xera uns gastos administrativos innecesarios.
Unha decisión que provocou a reacción do PP local, xa que fora precisamente durante o seu mandado hai cinco anos, cando por primeira vez se lograra esta insignia para o areal da Punta. Unha bandeira que luciu nese espazo por cinco anos consecutivos. Dende o PP sempre salientaran a importancia de contar cunha bandeira azul polas sáus repercusións turísticas polo que entenden que renunciar a ela supón un retroceso.