Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente pecha por seguridade o acceso ao Paseo do Maceiras na Rabadeira

RR_Noticias

Debido ao desbordamento do Maceiras polas intensas choivas destes días pasados, a Concellería de Medio Ambiente pechou hoxe mércores o aceso ao paseo dende rúa Rabadeira Canabal que está a altura do Tau Cerámica. O motivo é o estado da ponte de pedra vella que cruza o leito do río dende este aceso, ao non presentar unhas condicións óptimas para ser cruzada con seguridade debido aos danos causados pola forza das riadas dos últimos días. Con todo, o paseo fluvial pode ser transitado polos peóns no resto dos tramos.

Na inspección realizada atopáronse problemas nunha ponte de pedra do propio paseo, moi utilizado pola veciñanza residente na zona. Concretamente o problema reside, segundo explican dende Medio Ambiente, nun muro de contención cedido dentro do leito e unha árbore caída coa raíz dento do curso da auga que precisan actuacións de urxencia. Está mañá o departamento contactou cos responsables de zona de Augas de Galicia para dar conta destas actuacións de urxencia nas marxes e leito do río. Actuacións as que non puxeron impedimento e autorizan a realizar e que comezarán a realizar de inmediato. Por último operarios do concello delimitaran outras zonas en todo o percorrido do paseo que serán estudadas a curto e longo prazo dependendo do que determine o equipo técnico do concello e tamén tendo en conta outras posibles crecidas que poidan acontecer na estación de inverno.
O responsable de Medio Ambiente, Roberto Villar explica que o peche da ponte é unha medida preventiva para evitar calquera incidente. Engade que o resto do paseo pode ser empregado con relativa normalidade “atopamos o firme algo estragado en puntos concretos, pero o paseo está a responder bastante ben tendo en conta a gran cantidade de auga caída nos últimos meses”. En todo caso, a reparación daqueles puntos nos que haxa que acometer algún pequeno arranxo adíase ata que mellore a situación meteorolóxica.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará