Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O temporal deixa sen alumeado público dezaseis zonas de diferentes parroquias

RR_Noticias

O temporal Fabien deixou un regueiro de incidencias tamén na nosa comarca con árbores caídas en diferentes puntos do concello e un alumeado público moi afectado. De feito, son moitas as parroquias que seguen cos farois apagados dende o pasado sábado polo danos sufridos durantes os últimos temporais e que dende o Concello irán arranxando nos vindeiros días.

Na mañá de hoxe un equipo de protección civil interviña na parroquia de Quintela para retirar unha árbores que impedía o acceso dos veciños a unha vivenda. Unha incidencia máis entre as innumerables detectadas na fin de semana, aínda que afortunadamente ningunha de gravidade. As chamadas máis recorrentes nas últimas horas fan referencia á falta de alumeado público con parroquias completamente a escuras. Explica o concellería Roberto Villar que durante a xornada do sábado decidiuse non enviar a ningún operario a reparar eses danos para garantir a seguridade dos traballadores e lamenta “a postura do PP, que a través das redes sociais intenta sacar tallada políticas dunha situación inevitable ante un temporal que deixou refachos de vento que superaron os cen quilómetros por hora. Non hai previsión sobre en canto aos tempos que se precisarán para recuperar o alumeado ao cen por cento “primeiro traballarase naquelas instalacións que afectan ás zonas máis extensas deixándose para o final aqueles avisos que alertan de apagamentos menores”.  

Indicendias do temporal
Árbores caídas e cortes no alumeado
Alumeado público
Varias parroquias a escuras

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará