O Club deportivo Choco celebra na última fin de semana do ano o seu Torneo de Nadal Solidario que se celebrará no campo de Santa mariña. A entrada para poder presenciar os encontros que se disputarán en diferentes categorías consistirá en alimentos non perecedoiros, apostando así por aunar deporte e solidariedade nesta cita que pecha o calendario deportivo do club.
Unhas xornadas nas que o club aproveita tamén para felicitar a todos os seus siareios. Faino a través dun pequeño vídeo nas redes sociais no que participan os xogadores dos diferentes equipos así como o propio presidente, Iván Crespo.