A asociación de veciños de Chapela organiza este domingo día 29 un roteiro cultural para coñecer a contorna do río Pugariños, actividade que servirá para achegarse tanto ao patrimonio natural como etnográfico existente ao carón deste río e integrado por numerosos muíños algúns deles en perigo de derrube. Os participantes sairán ás 10:00 horas dende o pavillón de Chapela con regreso previsto para a unha do mediodía.
O Colectivo Veciñal quere promover o coñecemento do importante patrimonio natural e etnográfico existente ao carón do río. Ademais do valor que estas construción supoñen por si mesmas contan cun entorno de elevado interese natural, ao atopárense nun espazo no que predomina a vexetación de bosque autóctono e que conta cunhas vistas inmellorables.
Animan a participar a toda a veciñanza nunha cita que servirá para despedir o ano dun xeito diferente. Os participantes sairán ás dez da mañá do polideportivo da parroquia. Non compre inscrición previa pero dende a asociación agradecen aos interesados anotarse no enderezo avvchapela@gmail.com. Máis información no teléfono 680718952.