Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un sistema de poleas regulará a barreira anticontaminación no Alvedosa para evitar a súa rotura

RR_Noticias

As chuvias das últimas semanas e a forza coa que baixaba a auga no Alvedosa provocaron a rotura e posterior retirada de barreira anticontaminación situada na canle do río. Os soportes da barreira non aguantaron a presión e velocidade do caudal e un dos laterais acabou rachando. Para evitar que isto volva acontecer estúdase agora a colocación dun novo sistema de poleas que permita levantar a barreira cando se prevén fortes crecidas.

Tras as chuvias torrenciais acontecidas nas últimas semanas a Concellaría de Medio ambiente viuse obrigada a retirar a barreira situada sobre o río Alvedosa logo de que os soportes da mesma, situados nos laterais do río, non soportasen a forza do caudal e acabara rachando. Agora a idea é rediseñala cun novo dispositivo que permita o levantamento da barreira nos momentos en que o caudal do río creza dun xeito acelerado. Unha vez arranxada volverá colocarse xa que, segundo explica o edil de Madio Ambiente, Roberto Villar, é un bo sistema para evitar que os plásticos cheguen á desembocadura do río e contaminen o mar. Unha barreira que foi colocada hai xa un par de anos e que amosa a súa eficacia á hora de reter os plásticos, bolsas e outro material que flota na auga e que queda enganchada nesta barreira situada na zona baixa do Alvedosa, avitando así que todo este lixo acabe no mar. Con todo, insiste o edil en que non é eficaz cos microplásticos polo que, mais aló de adoptar medidas dende a concellería, compre unha maior concienciación da cidadanía para evitar que este material acabe nos ríos.  

Roberto Villar edil Medio Ambiente
Rotura barreira
Sistema eficaz
Evita que os plásticos cheguen ao mar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará