Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O “Titiricircus” de Tanxarina regresa ao Multiúsos

RR_Noticias

O espectáculo que acompaña a compañía redondelá dende o ano 1987 volve hoxe a representase na súa casa. Será ás 18:30 horas no Multiúsos con entrada de balde e enmarcada dentro da programación da Concellería de Cultura orientada ao público familiar.

Representada en máis de mil ocasións en escenarios de todo o mundo, Titiricircus é a sétima obra da compañía de Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, Miguel Borines e Andrés Giráldez. A obra estreouse por primeira vez en Austria en 1987 e dende aquela recorreu medio mundo. Varias xeracións de nenos e nenas gozaron desde aquela desta emotiva historia sobre o circo e as marionetas. Andrés Girández sinala que, malia que pasaron os anos, aos rapaces de hoxe a historia “entusiásmalles igual que aos de hai 25 anos”, porque é unha historia “que non pasa de moda”. Unha obra que en palabras de Tatán “naceu do corazón e foi crecendo con nós”.  

Titiricircus
Un espectáculo para todas as idades

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará