O Campito de Chapela será o lugar elixido para a celebración desta cita festiva, unha batalla de galos na que os 40 participantes inscritos improvisarán as súas rimas a ritmo de rap e hip hop. Unha cita que arrancará ás 16:30 horas do sábado organizada pola Concellería de Xuventude.
Trátase dun evento relacionado co movemento urbano que terá comezo ás 16:30 horas no lugar Campito de Chapela (baixada a Pescanova), que contará con distintas actividades artísticas coma unha batalla de galos, exhibición de graffiteros e Djs que amenizarán a xornada.
A batalla de galos se realiza grazas a colaboración de mozos e mozas que forman parte da chamada ChapelaFreestyle, e estará regulado por un xurado formado por 3 integrantes. No mesmo poderán participar tódalas persoas inscritas, máis de 40 para esta primeira edición.