Redondela comezará o novo ano 2020 con concertos para todos os públicos. O xoves, día 2, coa Gala vienesa e a orquestra de saxos, o venres día 3 co espectáculo de humor e percusión de Píscore e o sábado día 4 co músico e compositor Xulio Lorenzo. Todos no auditorio da Xunqueira.
A Orquestra de Saxos de Redondela protagoniza este xcoves un concerto no que o auditorio da Xunqueira se transformará nun teatro vienés. Non faltarán os vals de Strauss e as polcas nunha cita que comezará ás 20.00 horas, con entrada de balde ata completar o aforo.
O venres será a quenda do grupo Píscore co espectáculo familiar “Concerto con Fusión”. Música, teatro e humor mistúranse nesta cita con catro grandes percusionistas. Será ás 18.30 con entrada de balde.
E o sábado, día 4, será a quenda do músico e compositor Xulio Lorenzo. O gaiteiro de Mos presentará no auditorio da Xunqueira o seu último traballo “Volver soñar”. Entrada 3 euros.