Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recoñecemento a Manuel González Soto en Chapela

RR_Noticias

O pavillón que leva o seu nome acolleu onte un partido de homenaxe ao eterno presidente, cando se cumple o primeiro aniversario do seu pasamento. Celebrouse un enfrontamento entre dous históricos do balonmán, Chapela e Teucro, con triunfo pola mínima para a escuadra visitante (23-24).
 
 

Xogadores, representantes do balonmán de diferentes clubs, autoridades, familiares e amigos ateigaron o pavillón “Manuel González Soto” para renderlle unha sentida homenaxe. Celebrouse un enfrontamento entre dous históricos do balonmán galego e estatal, Chapela e Teucro, nos que Manuel González Soto tivo gran protagonismo. Porque se do BM Chapela foi xogador, adestrador, directivo e presidente, tamén militou nas filas do Teucro como xogador e técnico. Ao comezo do partido realizouse un solemne acto de recordo a González Soto e un cartel coa súa imaxe situouse no centro da pista. A continuación, chegou o duelo con triunfo pola mínima para a escuadra visitante (23-24).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará