Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Pazos denuncia a falta de medios no novo centro de saúde inaugurado hai un mes

RR_Noticias

A formación política denuncia que as carencia que padecen os usuarios continúan a ser notables malia tratarse dun centro inaugurado hai apenas un mes. Falan de escaseza de persoal e falta de material ao que se lle suman as baixas e as vacacións dos profesionais que non son cubertas pola Consellería de Sanidade.

Critican dende o Bloque que o centro abrira as súas portas con prestacións  insuficientes  para  a poboación que debe atender. Así prodúcense deficiencias e atrasos na atención, xa que os profesionais vense na obriga de asumir as consultas do persoal que falta, incrementando o seu volume de traballo xa de por si alto, ou simplemente eliminando a atención sanitaria durante ese período. Isto provoca a necesidade de realizar axustes nas axendas cos conseguintes trastornos para  os  pacientes,  que  mesmo  se  ven  obrigados  a  acudir  ao  centro  de  saúde  en horarios que non son os seus habituais ou a facelo en máis de un día.
Neste sentido salientan que é especialmente nefasta a situación da atención pediátrica “o feito de que haxa só unha consulta de pediatría parcial que atende soamente martes e xoves de mañá, obriga a moitas familias a desprazarse a outros centros da área”. Por todo isto o responsábel local, Xurxo P. Besadío denuncia que  “non serve de nada ter un centro de saúde renovado se non se pode dar un servizo continuado e de calidade as veciñas e veciños de Pazos de Borbén, é necesario dotar o centro de máis medios humanos”. Por este motivo, a deputada do BNG Montse Prado  denunciará no Parlamento a política do Partido Popular de  deterioro da sanidade pública, o que provoca esta situación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará