Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Sorrisos transformadores” en Chapela para visibilizar ao colectivo LGTBI

RR_Noticias

O Multiusos do Piñeiral do Crego acolle unha mostra da asociación Arelas (Asociación de Familias de Menores Trans*) en colaboración coa Deputación de Pontevedra, que pretende “visibilizar e normalizar” as diferentes orientacións sexuais e identidades de xénero.

“Sorrisos Transformadores” é unha mostra itinerante que consta de 10 fotografías de Noemí Chantada nas que aparecen retratadas persoas alegres, orgullosas, “que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta”. Cada fotografía está acompañada por un texto que reflicte unha frase ou idea sobre a protagonista ou a súa contorna. Entre as retratadas inclúense persoas de relevancia social, sexan ou non trans*, pero relacionadas coa súa realidade pola súa profesión (educación, dereito, política, psicoloxía) e que axudan á hora de transmitir a súa mensaxe. A exposición que forma parte dun proxecto audiovisual para a visibilización do colectivo LGTBI, e pode visitarse no Multiúsos do Piñeiral de Chapela. Na inauguración, celebrada onte, participaron alumnos dos colexios Laredo, Alexandre Boveda,  Igrexa e do IES Chapela. A presidenta de Arelas, Cristina Palacios, ofreceu unha charla-coloquio sobre as persoas trans*, nun acto no que participaron a deputada de Cultura, Victoria Alonso, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e os concelleiros de Ensino e Cultura, Olga García e Daniel Boullosa, respectivamente. Rivas agradeceu que esta mostra poida visitarse en Chapela, xa que se trata dunha iniciativa “necesaria para evitar actitudes e comportamentos discriminatorios por razón de orientación sexual ou identidade de xénero”. A exposición pode visitarse ata o 10 de febreiro, de luns a venres entre as 16:00 e as 21:00 horas, e polas mañáns concertando cita previa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará