Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O xulgado rexeita o recurso do Concello de Redondela por ser excluído do Plan DepoRemse

RR_Noticias

A demanda fora presentada polo anterior goberno local de Javier Bas e o tribunal vén de desestimar integramente o recurso, e avala os criterios técnicos da Deputación de Pontevedra. A advirte que o proxecto presentado si superou a nota valorativa do corte, pero non puido obter a subvención “por esgotamento do crédito”.

O deputado Carlos Font valorou positivamente a sentenza do Xulgado número 2 de Pontevedra, que dá a razón á Deputación de Pontevedra e desestima “integramente” o recurso contencioso-administrativo que o anterior goberno municipal do PP de Redondela, presidido por Javier Bas, interpuxo contra a exclusión do proxecto municipal presentado ao abeiro do Plan provincial DepoRemse. Para o deputado socialista a sentenza “mostra claramente o uso intolerable e espurio que o Partido Popular fai dos medios xudiciais, amais de dilapidar o diñeiro público e utilizar os concellos nos que gobernan para unha guerra partidista, en vez de defender os dereitos da súa veciñanza”. Na sentenza que desestima o recurso do anterior goberno municipal de Redondela, a xuíza recorda que o proxecto obtivo un total de 53,09 puntos, por enriba da nota de corte situada en 50. É dicir, o proxecto si superou a nota valorativa do corte, o que da mostra da boa fe da Deputación, pero aínda así non puido obter a subvención por esgotamento do crédito, algo que estaba claramente especificado nas bases do Plan. Por todo iso, a sentenza dá a razón á Deputación de Pontevedra e desestima o recurso. No fallo xudicial, sinálase que a xuíza “non pode substituír o criterio da Comisión de Valoración” e que non existe motivo para dubidar do xuízo finalmente emitido por tal órgano.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará