Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pleno de Redondela solicita a Urbaser que readmita ao traballador despedido

RR_Noticias

A corporación debatiu na sesión celebrada a pasada noite unha moción presentada polo BNG “contra as políticas represivas de Urbaser”. A petición do sindicato CUT todos os grupos apoiaron a proposta, na que o pleno se posiciona “en contra de calquera represión sindical”. Demandan a readmisión do traballador despedido e que a alcaldesa medie no conflito.

O voceiro do BNG Xoán Carlos González foi o encargado de ler a moción presentada pola Central Unitaria de Traballadoras (CUT) no pleno ordinario celebrado a pasada noite no Auditorio da Xunqueira. Explicou que o sindicato vén de demandar a Urbaser, empresa concesionaria da recollida do lixo en Redondela, por “vulneración do dereito fundamental en referencia á liberdade sindical”. Explican que despois de que ter sancionado e amoestado a varios afiliados do sindicato, Urbaser formalizou o despido disciplinario do presidente da sección sindical. González demandou que, máis aló de apoiar aos traballadores, o pleno da corporación apoiase a moción “en contra de calquera manifestación de represión sindical”, tamén pedir a Urbaser a readmisión do traballador despedido e a retirada das sancións impostas. Por outra banda solcitan á alcaldesa Digna Rivas actuar demediadora entre a empresa e os representantes sindiciais e que, no futuro o Concello penalice á aquelas empresas sentenciadas por vulnerar os dereitos laborais dos traballadores á hora de adxudicar contrato. O concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar (AER) amosouse a favor de apoiar a moción logo de terse reunido cos traballadores e responsables de Urbaser. Advertiu da “preocupación” do goberno local por esta situación. Advertiu que, malia que será o xuiz quen dictamine a sentenza “apoian as reivindicacións dos traballadores” e lamentou que a precariedade laboral sexa “a escrativude do século XXI”. A edil socialista, María Castro, lembrou que se trata dun problema laboral nunha empresa que xestiona un servizo público municipal como a recollida do lixo, “polo que o Concello non pode mirar para outro lado”. Manifestou o apoio do grupo socialista á moción para que Urbaser non só cumpra correctamente co servizo municipal, senón tamén “cos dereitos fundamentais dos traballadores”. Tamén o grupo do PP apoiou a moción da CUT, á vez que criticaron a xestión do goberno local no conflito. A voceira, Carmen Amoedo, lamentou que o Concello non lle teña esixido explicacións a Urbase ante este problema laboral, e que tampouco se convocara aínda a comisiónde seguemento de servizos públicos privatizados. A alcaldesa, Digna Rivas, dirixiuse tamén aos traballadores de Urbaser que estiveron presentes na sesión plenaria para manifestarlle o seu apoio, despois da votación na que a moción foi aprobada por unanimidade. Apoio aos traballadores de Urbaser en Soutomaior O pleno de Soutomaior tamén apoiou onte a iniciativa do BNG en solidariedade cos traballadores reprasaliados pola empersa Urbaser. O pleno aprobou a moción por unanimidade.

Xoán Carlos González BNG
González foi o encargado de prsentar a moción da Central Unitaria de Traballadoras.
Roberto Villar AER
O edil de Medio Ambiente lamentou que a precariedade laboral sexa "a escrativude do século XXI".
María Castro PSOE
Lembrou que se trata dunha empresa que xestiona un servizo municipal "polo que o Concello non pode mirar para outro lado".
Carmen Amoedo PP
O PP apoiou a moción e criticou ao goberno local por non esixirlle explicacións a Urbaser sobre o conflito laboral.
Digna Rivas alcaldesa
Rivas dirixiuse aos traballadores de Urbaser que estiveron presentes na sesión plenaria para manifestarlle o seu apoio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará