Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo para participar no desfile de comparsas de Redondela e no enterro do berete

RR_Noticias

As agrupacións interesadas en participar no desfile do Entroido que se celebrará o domingo 23 de febreiro polas rúas de Redondela deben inscribirse no rexistro do concello a partir deste mércores día 5 e antes do venres 14. Entre todos os participantes repartiranse premios económicos para os que a Concellería reserva unha partida de 10.500 euros. Tamén o mércores se abre o prazo de presentación de solicitudes para aqueles que queiran participar da comitiva do Enterro do Berete que terá lugar o sábado 29 en Chapela.

O noso concello prepárase para recibir o Entroido e faino abrindo o prazo para se inscribir nas diferentes actividade que se van desenvolver no noso municipio. Así, aquelas comparsas que queiran formar parte do desfile que percorrerá as rúas do casco urbano na xornada do domingo día 23 deben formalizar a súa petición a través do rexistro entre o 5 e o 14 de febreiro. Considérase comparsa aquela agrupación que supere as 25 persoas. 
Para poderen optar aos premios nos que se investirán 10.500 euros é imprescindible que as comparsas acompañen o desfile de Carnaval que arrancará ás 18:00 horas do día 23 no Campo da Feira. O concurso de grupos, parellas e individual desenvolverase na tarde do martes 25 a partir das 17:00 horas. Neste caso a inscrición debe facerse no propio día nos soportais do concello.
Tamén ata o día 14 de febreiro teñen de prazo aquelas comparsas que queiran participar do Entroido en Chapela e formar parte da comitiva do Enterro do Berete nos actos programados para o último sábado do mes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará