Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno solicita a desafectación das casas dos Mestres para destinalas a uso social e cultural

RR_Noticias

O Pleno do Concello aprobou o pasado xoves retirar do Inventario Municipal os edificios coñecidos como «antigas vivendas dos mestres» da Marisma para poder continuar co proceso de desafectación dos inmobles e destinalos a uso social e cultural.O edificio leva anos en estado de abandono e era unha das reivindicacións da veciñanza e de distintos partidos políticos que avogaban pola súa rehabilitación para uso público.

Os edificios estaban recollidos no Inventario de Bens Municipais (IBM) e inscritos no Rexistro da Propiedade coa titularidade do Concello de Redondela pero, segundo sinala o Goberno local redondelán “dita titularidade non debería ser do Concello senón do Estado, nomeadamente do Ministerio para a Transición Ecolóxica (Costas), ao tratarse de bens de dominio público marítimo terrestre”.
Digna Rivas aclarou que tanto o Servizo Provincial de Costas coma Patrimonio do Estado en Pontevedra, “amosaron a súa intención de, unha vez arranxado o trámite de titularidade do edificio no Rexistro da Propiedade, procederían á cesión das parcelas nas que se atopan os inmobles, a favor do Concello”.
Tras varios intentos por conseguir resolver a situación, a cesión será unha realidade e o edificio pasará a ser de titularidade municipal. Rivas, subliñou “o especial interese deste Goberno en resolver a situación de estancamento deste tema que ten unha extraordinaria importancia para Redondela e a súa veciñanza”.
A rexedora local adiantou que “unha vez que o expediente estea resolto, comezarase co proxecto de rehabilitación para converter este inmoble, totalmente infrautilizado, nun espazo cultural e social vivo e dinámico onde, veciñanza, asociacións e colectivos, poidan gozar de espazos compartidos”. Un dos baixos destas vivendas xa fora rehabilitado e acondicionado no seu día para albergar o local de ensaios.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará