Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco salva un punto en tempo de desconto

RR_Noticias

Os de “Gonza” acadaron un empate no campo do Polvorín no minuto 93, logo dun partido marcado polas xogadas polémicas. Tamén empatou o Atl. Vilar, e gañou o Chapela. En fútbol sala pleno de vitorias con triunfos de Pazos, Campito e Arealonga. Tamén no balonmán, onde gañaron SAR Rodavigo e Rodosa Chapela.
 
 

Terceira División

Polvorín 1-1 Choco
Malia tentalo durante moitos minutos, e xogando 45 en superioridade cun penalti errado incluído, o Choco conseguiu empatar no minuto 93 cun gol de Davicín. O encontro contou cun longo tempo de prolongación por mor das numerosas interrupcións. O conxunto redondelán queixouse ante a actuación arbitral e reclamou dous penaltis e unha vermella por unha cotenada sobre Aitor. O colexiado obviou as accións e Morais adiantou aos locais ao cuarto de hora. O Polvorín quedou cun home menos por expulsón de Matías no minuto 45. O Choco insistiu e Adrián Rodríguez fallou un penalti, Comis estrelou un balón no traveseiro e, finalmente, Davicín empataba o encontro no tempo engadido. Un punto para o conxunto redondelán que suma a súa cuarta xornada consecutiva sen gañar, pero permítelle manterse vivo na súa loita por alcanzar a zona de play-off de ascenso, que agora ten a catro puntos. Na próxima xornada visita Santa Mariña o U.D. Ourense, 7º na táboa cun punto máis que os redondeláns.
Polvorín: Unai; Varo, Matías, Nico, Quindimil; Juan Brunet, Manu Núñez; Alex Rei (Pablo Rei, min. 46); Rayco, Morais (Luís Díaz, min. 62); e Chiqui (Vidal, min. 81)
Choco: Cortegoso; Mario, Yago Vázquez, Vitra (Edu, min. 79), Aitor Cañedo (Martín, min.62); Alberto Suárez, Caloi; Comis, Tomás Abelleira (Davicín, min.79), Aitor Cañedo (Martín, min.62); e Adrián Rodríguez.
Goles: 1-0, min. 14: Morais; 1-1, min. 93: Davicín.
Primeira Galega

Arcade 1-2 O Grove
Sopresiva derrota do Arcade ante o pechacancelas. Os de Soutomaior son agora 11º, na próxima xornada xogan no campo do Alertanavia, 3º do grupo e aspirante á fase de ascenso.
Segunda Galega

A Lama 3-0 Cesantes
O Cesantes segue como pechacancelas do grupo, e o reciben ao Romay, equipo da parte baixa.
Atl Vilar 2-2 Chaín
Os de Vilar suman 1 punto e complican a permanencia. O domingo visitan o campo do Mos, 5º na táboa.
Terceira Galicia

Chapela 3-0 Independiente
O Chapela selou no último momento a súa vitoria fronte a un Independente que chegaba coa moral reforzada despois dos seus últimos resultados. Así, os visitantes mantiveron as súas posibilidades de pelexar o empate ata que os locais confirmaron o seu triunfo con dous goles no tempo engadido. O Chapela mantense na pelexa polo fase de ascenso, no 5º posto, e ten o domingo un partido importante, xa que visitan ao Balaídos, 3º do grupo.
Oiense 2-0 Nespereira
O domingo recibirán ao Coia B, un dos favoritos ao ascenso.
Futbol Feminino

Orzán 5-2 Arcadia
O de Roberto García sufriu unha goleada en terras coruñesas e baixa ao 8º posto da táboa. N apróxima xornada van ter complicado mellorar posicións, xa que reciben ao UD Mos, que lidera a liga xunto ao Vitoria. As de Mos están invictas esta temporada e só encaixou 5 goles en 19 xornadas.
Fútbol Sala

Terceira División

Vigo FS 2-3 Pazos de Borbén F.S
Quinto triunfo consecutivo nun encontro vibrante no que os de Fran Amoedo rendiron a un gran nivel, arroupados por moitos dos seus afeccionados que se desprazaron a Vigo. O sábado reciben ao Valdesuso Vilalba, líder do grupo. A cita é ás 18.30 horas no pavillón municipal de Pazos.
Preferente Sur

Lume corbatas-Redondela Maramar (aprazado)
Na próxima xornada reciben no pavillón da Marisma ao Celado Mos, situado na metade baixa da táboa. O domingo ás 16.15 horas.
Campito 6-3 Cesures
Os de Chapela escalan posicións logo de superar con solvencia ao Cesures. Agora son 7º, e na próxima fin de semana visitan a pista do pechacancelas do grupo, o Coles.
Primeira Galicia

Arealonga Const.Castro 9-5 Ancoradouro
Os de Chapela mantéñense fortes no liderato logo da vitoria na casa ante o Ancoradouro. O sábado viaxan ao pavillon municipal da Raña para medirse ao Marín Ponfincas, 4º na táboa.
Balonmán División de Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 34-24 Palencia Turismo
Malia o abultado do marcador, ás de “Chini” costoulles despegarse no marcador. As visitantes comezaron moi fortes e puxéronse por diante (3-7). Aos poucos as redondelás reaccionaron (15-14). Na segunda parte a SAR tomou o mando e acabou cunha vantaxe de 10 goles. No 10º posto do grupo, a SAR visita esta fin de semana a pista do Lavadores, 8º na táboa e con 2 puntos máis no casilleiros.
Primeira Nacional

Seis do Nadal 22-23 Rodosa Chapela
O Rodosa Chapela impúxose en Coia no derbi co Magope Seis do Nadal (22-23) e recortou diferenzas cos dous primeiros, o Embutidos Lalinense e o Ampate Lanzarote, que empataron no duelo disputado na mesma xornada. Foi un derbi moi disputado, con moita presión en defensa do Chapela, que o Seis do Nadal protestou pola súa dureza. Os de Fran Teixiera puxéronse por diante (14-18, min. 45), pero os vigueses empataron e a 90 segundos do final o resultado era 22-22. Vidal Estévez anotou o tanto definitivo para os redondeláns. O Rodosa mantense na terceira praza, pero empatado a puntos co Lanzarote e a dous do líder, que segue sendo o Lalín.
Primeira Autonómica

Lavadores-SAR Plastic (aprazado)
O conxunto redondelán segue como líder malia e a próxima fin de semana recibe ao Rasoeiro, cos do Grove na metade baixa da táboa, malia que os do Grove veñen de gañar ao Culleredo, 2º clasificado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará