O pasado ano máis de 16.000 condutores foron “pillados” por este radar situado no punto quilométrico 146,9 da N-550 entre Redondela e O Porriño. Unhas cifras que reforzan este radar como un dos máis activos da rede de estradas de España. Cada día son uns 44 condutores os sancionados ao pasar por este punto a máis velocidade da permitida.
O último estudo publicado por Automovilistas Europeos Asociados (AEA) amosa que só o pasado ano este sensor detectou un total de 16.051 infracción, o que o converte no máis activo de toda a provincia e o segundo con máis sancións de toda Galicia so por detrás do radar ubicado na AG-55 preto de Arteixo.
Segundo os datos da AE a área comprendida entre a comarca de Vigo e Ourense atópanse tres dos cinco radares máis activos de toda a comunidade. Ademais da cabina dos Valos, atopamos tamén o senso da A-52 á saída do túnel do Folgoso na Cañiza que o ano pasado impuxo 15.877 infracción. Tamén na provincia está outro radar moi activo, o situado á altura de Tameiga en Mos na A-55 que deixou no 2019 8.486 denuncias.