Denuncian que durante todo o mes de xaneiro o Museo permaneceu pechado ao público,sen ningún tipo de aviso aos posibles visitantes que se achegaban ao lugar e atopaban as portas pechadas. Engaden que, unha vez reaberto, presenta numerosas deficiencias nas súas instalacións produto da falta de mantemento por parte da Concellería de Cultura: sen calefacción, coa porta principal avariada e cunha entrada habilitada que carece de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.
Lamentan dende o PP o estado de abandono que presentan estas instalacións logo dun mes pechadas ao público. Neste sentido enumeran que a porta de entrada non funciona, o que obriga aos asistentes a acceder por unha porta lateral de servizo que non ten habilitada a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida e engaden que o Museo leva todo o inverno sen calefacción o que obriga tanto aos visitantes como ao persoal a soportar unha temperaturas xélidas dentro do Meirande.
Pregúntanse os populares como pode “un museo que foi un dos máis visitados da provincia atoparse agora mesmo nesta situación de abandono, o de demostra a deixazón tanto do Concelleiro de Cultural como da propia alcaldesa por non acometer un mantemento que ten que ser habitual nos edificios públicos”.