Coincidindo co día internacional da nena na ciencia, o Concello de Soutomaior, a través da súa concellaría de Igualdade, organiza a exposición “Premios María Josefa WonenburguerPlanells”. Unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia coa que se pretende recoñecer o papel das mulleres na ciencia. A mostra poderase visitar até o próximo 26 de febreiro no horario habitual do Multiusos de Arcade.
A mostra recolle a través de 13 paneis as contribucións feitas á ciencia e a tecnoloxía por mulleres galegas que foron galardoadas co premio Wonengurguer, un premio que a Xunta de Galicia outorga desde o ano 2007 a través da unidade de Muller e Ciencia.
O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e que foi unha científica adiantada ao seu tempo. Recibiu unha das primeiras bolsas Fullbright coa que estudou na americana universidade de Yale. As súas investigacións centráronse na teoría de grupos e os algebras de Lie.